Saen á luz as gravacións dos sons do fondo das nosas rías

Escoitar os golfiños

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Xa se poden escoitar as primeiras gravacións do proxecto “Os sons do mar” que desenvolve a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños co apoio da Fundación Barrié. Este estudo, que pretende elaborar o primeiro mapa acústico do litoral galego, rexistrou os sons submarinos en dezanove puntos repartidos polo noso litoral. A intención é coñecer polo miúdo con este sistema, o hábitat e a situación de arroaces, toniñas e outras especies destes hábitat, e aproveitar o material para concienciar sobre o perigo que corren estes animais.

A nova e audios en La Voz de Galicia; máis información no web da Cemma, no Faro de Vigo e en El País; máis sobre a Cemma nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El País, Faro de Vigo, Culturagalega, La Voz de Galicia...