Xerais inclúe dúas BDs de Emma Ríos en volumes de leitura para Educación Primaria

BD primaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Os vindeiros libros de lectura para terceiro e cuarto de Educación Primaria Obrigatoria que está a facer Xerais incluirán un apartado específico sobre BD. Unha unidade das quince que compoñen cada volume está dedicada á novena arte, segundo explican desde a editorial. Deste xeito, cada apartado inclúe dúas tiras da revista “Golfiño” e dúas páxinas orixinais de Emma Ríos que narran unha breve historia. Unha explicación sobre a BD en Galicia e actividades de comprensión para os alumnos completan estas unidades.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Educación, Golfiño

Claves

Protagonistas
Conceptos