Cataluña presenta as axudas para o audiovisual na que reduce os proxectos e prima o valor cultural

Outra política audiovisual

O Departamento de Cultura e Medios de Comunicación da Generalitat de Cataluña presentou onte as súas liñas estratéxicas de apoio ao sector audiovisual. En total cederán 16,65 millóns de euros para consolidar a industria cinematográfica (77 longametraxes no 2007, dos que 12 foron en catalán), manter a tradición de valor cultural da súa cinematografía e impulsar as producións en versión orixinal. Entres as principais características da súa nova política destaca: a creación dun fondo para méritos artísticos e culturais que financiará só 5 ou 6 proxectos; a colaboración coa Televisión Catalana; o establecemento dun sistema de puntos para conceder as axudas a produción(elementos artísticos, creativos e contribución cultural); e unha liña de apoio á explotación e difusión (cun máximo de 200.000 euros).