Aproximadamente sobre o quince de maio a Xunta publicará a primeira liña de axudas especÃfica para o sector cultural prevista no "Plan de reactivación dos sectores culturais e turÃstico". Asà o anunciou onte Román RodrÃguez, Conselleiro de Cultura e Turismo, durante o webinario que mantivo, canda o resto do equipo directivo da consellerÃa, diante de 600 profesionais do sector cultural. Tratarase do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, dotado con 1.500.000 euros e que financiará proxectos de "todos os sectores e ámbitos culturais" e que terá un apoio de ata 4.000 euros ás persoas fÃsicas e ata 10.000 euros ás persoas xurÃdicas. O conselleiro non precisou máis sobre as caracterÃsticas desta orde. Tamén sinalou que en breve sairán publicadas tamén as axudas ao desenvolvemento audiovisual.
O Fondo de Proxectos Culturais estará asociado ao Xacobeo 2021, o programa no que se concentran unha significativa parte das novas medidas adoptadas pola ConsellerÃa no Plan, pero haberá unha convocatoria relativamente similar desde a propia ConsellerÃa, dotado de 300.000 euros, para o "apoio a proxectos e iniciativas culturais que prioricen o mantemento da actividade dos sectores creativos, o desenvolvemento de proxectos culturais relevantes e a creación de contidos creativos tanto analóxicos como dixitais", destinada a "entidades e profesionais da cultura galega". Deste xeito, o Xacobeo tamén realizará adquisición pública de obras de arte de artistas galegos "máis novos" e "emerxentes" e un programa de apoio ao sector escénico, destinada a proxectos plurianuais, pero nos que se "facilitará o anticipo dos gastos de 2020" para axudar ao mantemento das empresas.
Cara os espectáculos en liña e a dixitalización
Boa parte da programación de espectáculos do Xacobeo, ademais, trasladarase a fórmulas de celebración en liña. O ciclo musical Xacobeo 2021 trasladarase ao "ámbito en liña como parte da nova programación dos concertos de pagamento previstos", e no caso de FestGalicia, a marca asociada aos festivais musicais do paÃs, o plan indica que "establecerase un sistema coordinado de festivas en liña". O Xacobeo tamén manterá un programa de impulso de cunha convocatoria plurianual de financiamento de proxectos. Outro aspecto novo é dous programas adicionais, o Galicia Emerxe X21, con "concertos protagonizados por músicos galegos, na que se combina a participación presencial de público coa súa emisión en liña ou televisada" e unha convocatoria de contidos musicais destinada á gravación de contidos de músicos galegos "que serán difundidos a través da CRTVG, asà como en liña e a través doutras canles". A baixa contÃa desa liña, 75.000 euros, pode indicar que se trate da adquisición de dereitos de emisión. Román RodrÃguez sinalou que o Xacobeo se reinventaba para "convertelo no xacobeo máis galego da nosa historia e no que a cultura galega estea absolutamente presente".
Ambas as dúas liñas son as primeiras dun plan de continxencia contra a crise que ten por principal obxectivo, segundo sinalou o Conselleiro, "xenerar ingresos e manter o tecido laboral e empresarial" no sector da cultura, mediante a "reactivación" da actividade.
A maiores, o plan de reactivación contempla medidas especÃficas para os distintos sectores da industria cultural e unha serie de medidas transversais, que combinan un plan de formación no eido cultural dotado con case 600.000 euros para a "transformación dixital no ámbito cultural" en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e un servizo de asesoramento e consultorÃa para empresas e profesionais culturais ofrecido desde a Cidade da Cultura.
Unha significativa parte do plan supón sobre todo a reorientación ou a modificación de liñas de traballo do propio executivo autonómico en materia de cultura. Un exemplo destas transfomracións é a reprogramación da actividade do Centro Dramático Galego, do que se anuncia que vai producir tres espectáculos escénicos en 2021 e do Salón Teatro en Santiago de Compostela, no que se "impulsará a produción de novos proxectos escénicos a través de acordos con outras entidades.
Consumo cultural
O Conselleiro anunciou unha "campaña transversal" para o fomento do consumo cultural en Galicia dando conta da relevancia do sector cultural por 300.000 euros. O Conselleiro tamén explicou por que no plan non aparecen medidas de incentivo directo ao consumidor para o consumo, como poden ser os bonos culturais. "Nós propuxemos a creación dun bono cultural cofinanciado pola Xunta e o Estado, pero non tivemos respostas". O Conselleiro confirmou que a administración autonómica quere crear un bono cultural propio "pero que xenere sinerxias e evite duplicidades". O obxectivo, segundo Román RodrÃguez, é que deputacións e concellos sumen esforzos e recursos para o bono.