A Alianza Francesa acolle a conferencia dun dos maiores especialistas en Tintín

Mostrar e contar

Jean-Claude Chemin, considerado un dos maiores expertos na obra de Hergé pronuncia esta mesma tarde na Alianza Francesa de Vigo unha conferencia sobre o mundo mariño en Tintín. A charla, que se desenvolverá en francés, será ás 20.30 da tarde no número 22 da rúa República Arxentina. Para o xoves, a Fundación Alexandre Bóveda da Coruña acolle a presentación do libro de humor gráfico “O humor non engorda”, que escolma traballos de Kiko da Silva e que está acompañada dunha exposición do mesmo contido. O autor volta sábado un de marzo á cidade, desta volta á asociación Aturuxo a presentar a súa publicación “Retranca”. Pola súa banda, tamén Miguel Porto participa, coma ilustrador, nunha mostra que amosa carteis fictícios para grupos musicais que se pode ver no centro Nove de Outubro de Valencia.