Alberto Váquez aparece no “Metrópolis”, chega un novo blog e as bibliotecas achegan novas iniciativas

Redada: Ecos e bibliotecas

22/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O suplemento “Metrópolis” do xornal “El Mundo” achega hoxe unha longa entrevista a Alberto Vázquez encol da súa última obra “Judas la ardilla católica”. Ao tempo chéganos a nova de “BDteca,” o blog que encol da banda deseñada abre o xornalista Rubén Santamarta en La Voz de Galicia. Pola banda das bibliotecas, a rede achéganos a mesa redonda que hoxe se celebra na Biblioteca González Garcés da Coruña coa presenza de Miguelanxo Prado, Santy Gutiérrez, Siro López, Xaquín Marín e Carlos López. A maiores, no blog das bibliotecas municipais da Coruña permítenos ver un video no que Iván Serrano introduce os bibliotecarios no mundo da BD dentro do encontro estatal destes profesionais.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Santy Gutiérrez, Siro López, Carlos López...