Kalandraka consegue con "Só un segundo" o premio de deseño Daniel Gil

O segundo foi primeiro

O libro “Só un segundo” deseñado e ilustrado por Flavio Morais, editado por Kalandraka, recibiu o Premio de Deseño Daniel Gil ao mellor libro Infantil na quinta edición deste certame. Nunha gala celebrada onte á noite no Museo Raíña Sofía de Madrid a editora Olla González recolleu o premio en nome do autor brasileiro. Na mesma gala tamén se repartiron varios diplomas a libros galegos seleccionados entre os finalistas e editados por Kalandraka e OQO que competían nesta categoría e na de ilustración acadando unha boa presenza da edición galega no certame. Os premios están organizados pola revista Visual para destacar e premiar os deseños das mellores publicacións editadas en calquera das linguas do estado.