Un ciclo do CGAI recupera a cinematografía que aborda os procesos de transición ás democracia

Cine de paso

18/2/2008 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
2 lecturas | Compartido 0 veces
“Después de...” de Cecilia e José Juan Bartolomé é un documental que se achega á transición española pero vista desde a perspectiva da xente (non dos políticos)reflectida nosa nos que van desde o comezo da democracia ata o intento do golpe de Estado do 23-F. Pero tamén é a película coa que o Centro Galego de Artes da Imaxe presenta “Imaxinarios en tránsito”, o espazo para achegarse á cinematografía que revisa procesos sociais, culturais e políticos que se dan nun contexto de inicio de democracias. “No haber olvidado nada e Postsocializem+Retrovantgarda+Irwin” (martes ás 20:30 horas); “Countdown”,(mércores, 20:00 horas), “O esquecemento da diáspora”, “Abanico rojo” e “El tren de la memoria” (xoves, 19:00 horas) son algúns dos títulos que se proxectarán ao longo da semana.

Universo culturagalega.gal

22/02/2005

O Centro Galego de Artes da Imaxe presenta “Panta rei” de Simón Casal dentro do programa “Fóra de serie” co que achega curtametraxes galegas.
Mércores 23. Na sede do CGAI, Duran Loriga, 10 baixo. A Coruña. Ás 20:30 horas.

CGAI en curta

Contextos