Os colexios de arquitectos do noroeste peninsular (Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León este e León) decidiron unirse para premiar as mellores obras de arquitectura feitas neste territorio. O resultado son os premios ARQAno que contan con sete categorías para abranguer os diferentes ámbitos da construción. O arquitecto Andrés Fernández Albalat foi galardoado pola súa traxectoria profesional e o concello de Santiago recibiu o premio ao fomento da arquitectura.


