Ourense crea o seu festival de música antiga e medieval

Os sons das burgas

As actividades de celebración do cincuenta aniversario do Conservatorio de Ourense foron a orixe de “Pórtico do Paraíso”. Trátase do primeiro festival da cidade que pretende ofrecer, de xeito gratuíto, unha escolma de música antiga e medieval a través de concertos e conferencias. O programa comeza este domingo e conta coa participación do cuarteto vogal inglés The Orlando Consort, os galegos Resonet, a pianista inglesa Nicola Eimer e os guitarristas húngaros Katona Twins.