Vigo constrúe o novo centro do Instituto Superior de Ensino Artístico para converterse nunha referencia teatral

Bauhaus atlántica

“Bauhaus atlántica de artes escénicas”. Este foi o símil que empregou Manuel Francisco Vieites, director da Escola Superior de Arte Dramática, no acto de colocación da primeira pedra do novo edificio (están en Bouzas de xeito provisional) que será o Instituto Superior de Ensino Artístico. Un centro que contará cun auditorio, capacidade para 450 alumnos e que pretende superar o ámbito puramente educativo e estar aberto á cidadanía. Ao acto asistiu o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que asegurou que o espazo servirá para coordinar futuros centros superiores relativos a disciplinas artísticas.