O CGAI estrea “After hours”, unha sección para ampliar o seu horario de proxeccións

Cine fóra de hora

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“Kurt Cobain: About a son” (2006) de AJ Schack, o documental que gañou o premio á mellor película no último Festival In-Edit de Barcelona, estrea hoxe “After hours”. Trátase da nova sección que ten o Centro Galego de Artes da Imaxe para ampliar o seu horario de programación ata as 23:00 horas, un feito que facilita o acceso ás proxeccións. Dentro desta sección vanse proxectar ademais “Election (Hak Se Wui)” (venres 8), “A xinecóloga” e “Túnel” (venres 15), “Election 2 (Hak Se Wui Yi Wo Wai)” (venres 22) e “Metal: A Headbanger´s Journey” (venres 29).

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Cine, Documental, Centro Galego de Artes da Imaxe...

Claves

Conceptos
Lugares