Un ciclo de vídeo repasa no MARCO a historia da animación

A videocreación

30/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A historia da animación é un dos pratos fortes da programación expositiva do MARCO, Museo de arte contemporánea de Vigo, para os vindeiros meses. Unha exposición que se complementa cun ciclo de vídeo no que se exhibirán os traballos realizados por creadores españois contemporáneos. O ciclo, que terá lugar os sábados (19:00 horas) ata o vindeiro 1 de xuño, fai un repaso pola historia da animación. As proxeccións inclúen desde o filme de Segundo de Chomón que foi pioneiro no uso de técnicas e efectos de animación, ata as obras de artistas máis recentes como Vicente Blanco ou Diego Santomé.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Vicente Blanco, Vigo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares