Os grupos de teatro independentes da Coruña son da opinión de que para mellorar hai que ver o expoñer o traballo realizado. E con este obxectivo nace o "I Encontro de Teatro Independente da Coruña". Un evento que xuntará no Forum Metropolitano coruñés cinco compañías nunha mostra que durará tres días. Pero non é a única novidade teatral para estes días, xa que, á marxe das representacións e exhibicións puntuais que enchen as programacións de múltiples concellos, a representación teatral ten nome propio. Por unha banda, Sarabela Teatro, que vén cargada de novidades e de representacións por toda España. Pola outra, a Sala Nasa, que repite unha experiencia "moi familiar": as citas teatrais dos sábados coas familias.
I Encontro Independente da Coruña
Hoxe comeza na Coruña unha cita co teatro. Pero co teatro independente, e dese que ten a idea de que para mellorar, hai que comprobar cal é o nivel das últimas produccións. Desde hoxe e durante tres días, seis coñecidas agrupacións do panorama escénico teatral coruñés exhibirán os seus últimos traballos no escenario do Forum Metropolitano.
Os primeiros en amosar a súa obra será a compañía "Leria teatro" que amosará, en seis historias, a súa visión persoal sobre as relacións de parella. Son os "Encontros".
Mañá será o momento de "Paparota teatro", que presentará "Novecento", que é unha adaptación teatral da obra de Alessandro Baricco.
A mostra continuará con "San & San", "Dendequén", "Bagoada Teatro" e "Teatro da Bufarda", que completan un cartel. Polo demais, tralas representacións, organizaranse unha serie de coloquios que pretenden debater a situación do teatro independente en Galicia. Unhas sesións nas que pretenden trazas barreiras de separación entre o teatro profesional e o independente.
As representacións comezarán todas ás 20:30 e teñen un prezo de 3 euros (con entrada reducida, de 1.80 euros, ós posuidores do carné xove e ós maiores de 65 anos).
Un nome propio: Sarabela
A compañia ourensá Sarabela Teatro comeza o ano cunha apretadisima axenda. En primeiro lugar, e por orde de celebración dos acontecementos, empezaremosen Xixón, a onde acudirán o vindeiro 26 de febreiro, nunha xira que os levará tamén por terras asturianas. Será nese momento cando, promovida polo xornal La Región e a Consellería de Medio Ambiente, exhiban a obra "A illa amarela", que ten como protagonistas ós Juavi, unha tribu que reside nunha illa paradisíaca. En Xixón, Sarabela participará, por terceira vez, na Feira Europea de Teatro para Nenos e Mozos FETEN de Xixón.
Ademais deste evento, Sarabela ten previsto participar tamén no Festival de directoras que se acollerá o 16 de marzo en Torrexón de Ardoz. Ánxeles Cuña, foi seleccionada entre seis mulleres entre as 62 candidatas.
Pero a axenda de Sarabela non só inclúe a representación de obras coñecidas polo estado español. senón que ademais, pretende estrear en marzo, o espectáculo titulado "A conxura dos necios". Unha obra que tamén levarán a outro evento de teatro; o que terá lugar en abril en Santiago.
teatro moi familiar
O ano pasado a Sala Nasa sorprendeu cunha programación teatral que pensaba na exhibición para familias. Con carteis e con horarios, moi familiares. A experiencia, que tivo boa acollida, deixou bo sabor de boca e, por iso, este ano repite iniciativas. E esta nova andaina, Asteriode B-612, foi presentada onte e inclúen unha escolma de compañías procedentes de Galicia, Cataluña, Portugal e Francia. Esta actividade conta coa colabroación do Departamento de Educación e Mocidade do Concello e como promotora, ademais da propia Sala Nasa, a compañía Berrobambán.
Estas citas familiares co teatro desenvolveranse os sábados ás 16:30 da tarde, con prezo de entradas a 4.50 euros para cada neno, que poderá levar convidar como acompañante a un adulto.