O programa “Pontevedra Escénica” recupera a actividade do Pazo da Cultura

A resurrección do Pazo

24/1/2008 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
1 lecturas | Compartido 0 veces
A crise de programación que estaba a vivir o Pazo da Cultura de Pontevedra conta xa cunha primeira medida paliativa. O ciclo “Pontevedra Escénica”, organizado polo Concello, o propio Pazo e a Rede Galega de Teatros e Auditorios, achegará ata o vindeiro mes de abril un programa de seis producións no que se mesturan diversas artes escénicas. O “Humor neghro” de Carlos Blanco e Manecas Costa abre o ciclo o vindeiro 25 de xaneiro.

Máis información no Diario de Pontevedra, no web do Pazo da Cultura e no noso tema sobre a crise do pazo


Universo culturagalega.gal