A Deputación de Pontevedra ratificou a achega anual que ven realizando dende hai máis de 16 anos ás editoriais da provincia e que supón un gasto de 40.000 euros e libros. O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán e o presidente da Asociación Galega de Editores, Alfonso GarcÃa SanmartÃn, asinaron onte o convenio correspondente o ano 2007 para a promoción e difusión do libro galego a través da adquisición de exemplares e a súa posterior divulgación e entrega en bibliotecas, entidades culturais, centros docentes e outros. Coa sinatura do convenio a institución provincial comprometese á adquirir exemplares de libros escritos en galego ás editoriais de Pontevedra membros da Asociación Galega de Editores. En total, o organismo provincial mercará tÃtulos ás editoriais Nigra Trea; Nova Galicia; Kalandraka; Cumio; Ir Indo; Rinoceronte; OQO; Xerais; Tambre; Galaxia, Promocións Culturais Galegas, Xerme, Dos Acordes, Ideas Propias, FaktorÃa K e Gárgola.
Máis información na Deputación de Pontevedra