Pintura e escultura, novidades artísticas para a fin de semana

Plástica

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Esta fin de semana preséntase chea de variedades e de propostas artísticas. Polo lado das exposicións temos que destacar dúas: a do pintor Jorge Castillo no Centro Galego de Arte Contemporánea, e a do escultor Manuel Buciños no Museo Municipal de Ourense. No apartado dos premios, cómpre destacar que o pintor Fernando Villoslada acaba de gañar o concurso "Bello Piñeiro" que concede o concello de Mugardos.

Pintura no CGAC


O Centro Galego de Arte Contemporánea prepararase, durante a fin de semana, para acoller a obra do artista pontevedrés Jorge Castillo (1933). Unha obra que comisaria Kosme de Baraño, e na que só se recolle a súa dimensión pictórica, malia que traballou noutras facetas: debuxo, escultura e gravado.
Castillo volve a Santiago logo de ter exposto na cidade compostelana no Museo do Pobo Galego (en 1990) e na Casa da Parra, nunha mostra antolóxica que recorreu Barcelona e varias cidades europeas.





As formas do bronce

Fiel ó seu estilo e ás súas propias señas de identidade característica, Manuel Buciño presenta a súa última obra escultórica no Museo Municipal de Ourense. Cincuenta pezas que rotarán en diferentes cidades españolas amosarán o amor, o vínculo nai-fillo como as principais constantes temáticas da súa obra.





Unha pintura de premio

Fernando Villoslada Garzón é o último gañador do XI Concurso de pintura "Bello Piñeiro" que anualmente organiza o Concello de Mugardos e que está dotado con 150.000 pesetas. Villoslada está fóra dos circuitos e correntes actuais, de entrevistas e actos sociais, e na súa faceta plástica tamén traballa en diferentes disciplinas como a escultura e o moldeo.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jorge Castillo, Manuel Buciños, Museo Municipal de Ourense, Mugardos...