O Concello de Santiago repite co ciclo de danza e esténdeo a todo o ano

Bailar no 08

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“Inquedanza: entre mans” é a compañía que abrirá este venres a segunda edición de SCQ Danza 08, o ciclo de exhibición organizado polo Concello de Santiago. A novidade deste ano é que participarán dúas compañías máis e que se incorporan á mostra entidades portuguesas. O programa continuará en febreiro con “Four Walls”, de Musik Walls, en marzo co “Kiosko das almas perdidas” do Centro Coreográfico Galego e en maio co espectáculo “Ni palante ni patrás” de Teresa Nieto. Despois do verán, en setembro, chegará “Fábrica de Movimentos/Camèlia-Projectos Coreográficos” e remata en decembro coa Companhia de Paulo Ribeiro, que amosará no Principal a súa coreografía “Femenine”.

Máis información no web Compostelacultura.org

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Concello de Santiago, Espectáculo, Centro Coreográfico Galego