O policromismo pop de Mayor Balboa de exposición en Pontevedra

Fauvismo ecléctico

Típico pero non tópico. Así se podería definir a obra retrospectiva de Mayor Balboa que desde onte se exhibe na "Sala Teucro" de Pontevedra. Típico porque fai un percorrido polo costumbrismo e as cidades galegas, e non tópico porque está tratado cunha técnica que bebe na banda deseñada e no cromatismo. Un feito moi pouco común. E esta exposición únese as múltiples mostras de pintura que se dan en numerosos puntos da nosa xeografía.

Retrospectiva




Mayor Balboa entrou no mundo das mostras en 1998,en Lugo, a súa cidade natal. Desde entón ten participado en numerosas mostras, tanto individuais como colectivas. O último exemplo é a que desde onte ten lugar na "Sala Teucro" de Pontevedra, inaugurada dentro da programación "Exposicións itinerantes" da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Con esta mostra achégase ata a cidade do Lérez uns 25 acrílicos que recollen o universo simbólico do autor, protagonizado na súa maioría pola súa cidade natal. Retratado cunha técnica que se apropia das fontes propias da banda deseñada que non en van caracteriza ó autor. De feito, Balboa é membro activo da Asociación de Artistas Plásticos de Lugo.
A muralla lucendse, a Santiago e Nova YorK, onde viviu unha temporada, a así como as súas propias lecturas e gustos persoais (Gaudí, Cunqueiro ou García Márquez marcan as súas plasmacións pictóricas, nas que destacaobras como "A lúa de Lugo", "San Froilán" ou "A muller máis gorda do mundo".













Arte en toda a provincia de Ourense




E moitas outras exposición enchen as actividades preparadas para esta fin de semana. E comezamos con Ourense, onde o artista coruñés Xavier ofrece "Tempo de abrente" a súa última obra pictórica e que chega á cidade das Burgas da man dos ciclos "Os nosos artistas" da Consellería de Cultura, Comunicacion Social e Turismo.
E dentro da provincia de Ourense debemos destacar a mostra de seis artistas valdeorreses en Trives. Victorino Núñez, Nieves P. Domínguez, Lirio Blanco, Amancio Díaz, Ana Camba e Manolo Conde son os autores e protagonistas dos cadores, cerámicas e forxas que se exhibe no centro comarcal Terra de Trives ata esta fin de semana.