Alumnos e profesores únense para protestar contra a reválida

Inválida

Haberá que volver a repetir curso con materias suspensas e a selectividade chamaráselle doutro xeito, pero existirá. Estes son os principais puntos de discusión da reforma o Ensino Primario e Secundario e da Lei de Calidade do Ensino que acaba de suscitar a polémica entre todos os colectivos afectados. Mentres desde o Goberno central o presidente do goberno, José María Aznar, pide que se reconsideren as críticas porque "non recoñecen a realidade" e se fan "desde o tópico e o prexuizo", en Galicia xa se comezan a facer as primeiras declaracións. Os Comités Abertos de Facultade (CAF) e os Comités Abertos de Estudiantes (CAE) anuncian que convocarán mobilizacións, nun ambiente de protesta xeral por parte de pais e profesorado.

A favor e en contra

Tanto profesores como alumnos están en contra da nova reforma do Ensino Primario e Secundario, aínda que non coinciden nas mesmas críticas. Coinciden na necesidade de que cómpre unha reforma, pero non tan drástica, como a que se pretende implantar desde Madrid e tanto un coma outro colectivo teñen a súa análise da nova situación. Imos ver que puntos implica a nova lei a súa progresiva implantación:
- promoción automática: volve a falarse de "repetir curso", un sistema que se perdera desde a LOXSE e que obrigará a repetir a aqueles alumnos que suspendan máis de dúas materias. Esta é unha das características menos problemáticas do sistema.
-reválida: O goberno anunciou a bombo e platillo que se eliminaría a actual selectividade. Unha promesa que se cumplirá no curso 2004-2005. Desde entón, segundo os poucos datos que se teñen a día de hoxe na Lei de Calidade no ensino, o que haberá será outra proba xeral que se fará logo de concluir o Bacharelato. Este é un dos puntos máis conflictivos, porque é interpretado como un recrudecemento do sistema educativo. Ademais, dentro deste punto se inclúe a proba oral que é a que máis detractores ofrece.
-itinerarios: o borrador da Lei de Calidade establece a agrupación do alumnado en itinerarios a parties dos 14 anos. As principais críticas a esta medida veñen por dúas bandas. En primeiro lugar, a creación de dous niveis de ensino ("clases de listos e clases de pobres") e en segundo nivel que é unha idade inapropiada para que un alumno decida o seu futuro.













Xustificacións e medidas


Unha das principais razóns que da o ministerio para plantexar este cambio é o elevado índice de fracaso escolar que existe en España e que está moi por riba das estatísticas europeas. Aínda que Educación é unha competencia cedida ás Comunidades Autónomas, desde a Consellería de Eduación, xa se pronunciaron a favor desta normativa. De feito, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Celso Currás, amosou onte o seu apoio á hora de realizar unha proba final ó período de Eduación Secundaria que se podería incluír na Lei de Calidade do Ensino. E isto asegurou que "todos os sectores serios implicados" están a favor da mesma.
Mentres continúa o malestar entre país e alumnos, xa hai colectivos que anunciaron mobilización entre os estudiantes. E eses colectivos foron os CAF e os CAE que rexeitaron a reválida ó considerar que obedece a un modelo de ensino "moi semellante ó americano" e que calificaron de absurdo.