“A caixa da costureira” de Rubén ceide gaña o galardón Modesto R. Figueiredo da Fundación Pedrón de Ouro

A caixa da costureira

Cunha historia sobre o illamento dun home que o leva a acabar integrado na Santa Compaña o lugués Rubén Ceide obtivo o recoñecemento por parte do xurado do prestixioso Premio Modesto R. Figueiredo de Narracións Breves. No relato Rubén Ceide cuestiona a idealización das cidades contrapoñendo o consumismo e aceleración do mundo urbano e o mundo máxico e tradicional do rural a través dos pais e os avós do protagonista. Os segundos premios foron para Manuel Quintáns por Desartellados e Alberto G. Aneiros por “Esperando regreso”. O vindeiro 29 de decembro no Concello de Ourense entregarase o premio dotado con 600 euros e a publicación da obra a cargo de Ediciós do Castro.

Maís información en Galicia Hoxe