Santiago, Vigo, Marín e o Carballiño, referentes da arte

De exposición en exposición

| Santiago.Redaccion | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Pintura e escultura son os refentes artísticos destes días. E cada unha destas manifestacións están espalladas por toda a xeografía. En Santiago Javier Pena expón a súa intución paisaxística; en Vigo, Miguel Carballo e Sula Repani expoñen a súa obra inspirada en Grecia e Galicia; en Marín Andrés Santeiro e Alfredo Guitérrez expoñen a súa pintura e escultura; e, por último, o Casino do Carballiño acolle unha mostra pictórica colectiva.

Arte no colexio de arquitectos


"A paisaxe imaxinada". Baixo este título o pintor e arquitecto Javier Pena pretende facer un percorrido polas imaxes que evocan o intuido e o presentido. Unha exhibición que se recolle en dúas partes ben diferenciadas: por unha banda as "Paisaxes" e, pola outra "Espacios abertos". Unha mostra pictórica que se pode apreciar desde hoxe no colexio de arquitectos de Santiago ata o 14 de xuño.





Influencias e puntos de vista

Logo de catro anos sen expoñer xuntos, os artistas Miguel Carballo e Sula Repani colaboran na exposicón "Egeomiño". Unha mostra que recolle as influencias que marcaron o crecemento persoal deste matrimonio, entre Grecia e Galicia. Se as obras de Miguel Carballo se centran na temática galega e rural, as de Sula Repani recollen a luminosidade do Mediterráneo. E, noutro foco, no Carballiño, terá lugar a mostra "Carballert". Organizada polo Grupotres e a concellalía de Cultura e a directiva do Casino Cultural e Recreativo, cinco artistas plásticos (os pintores Camaño Xestido, Sagrario Ortiz, Xosé González, "Mitra", Ninés Velázquez e a pintora Ángeles Valladares") exhibirán dende mañá a súa producción artística.




Exposición en Marín

A pintura e o escultura de Andrés Santeiro e Alfredo Gutiérrez, respectivamente, conforma a exposición que se exhibe na Sal da mostras do Ateneo de Santa Cecilia de Marín.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Escultura atlántica

Escultura atlántica

A galería SCQ volve apostar pola escultura coa exposición de José Pedro Croft

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marín, Carballiño, Vigo, Carballo...