Abre unha mostra dos premios Castelao mentres o Fórum da Coruña amosa a obra de Alberto Vázquez sobre Bóveda

Castelao e Bóveda

5/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Once centros de ensino da provincia da Coruña acollerán os vindeiros meses unha exposición coas obras gañadoras do Premio Castelao de BD. O Instituto da Pastoriza, en Arteixo abría onte coa presenza de Miguelanxo Prado e Antonio Seijas esta iniciativa. Pola súa banda, a mostra “Alexandre Bóveda, unha vida por Galicia” que se pode ver desde hoxe e ata o vindeiro 17 de decembro no Fórum Metropolitano da Coruña, amosa as ilustracións que Alberto Vázquez fixo sobre a vida do galeguista para o libro homónimo. Outra mostra que continuará a súa itinerancia será a de “Feísmo ilustrado”, que visitará en xaneiro Celanova e Monforte.

Máis información na El Ideal Gallego; e en Galicia Hoxe; a mostra sobre Bóveda en La Opinión; máis sobre Feísmo Ilustrado no blog de David Pintor

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Alberto Vázquez, Alexandre Bóveda, Antonio Seijas...