A Xunta estuda a posibilidade de crear unha canle de emisión por internet

Televisión por internet

30/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Nos últimos meses, a Xunta contou cunha canle a través de internet na que emitiu en tempo real as conferencias do Congreso “Pobre Mundo Rico”. Agora, a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, pretende aproveitar o desenvolvemento desa tecnoloxía ao anunciar que estuda a posibilidade de crear unha canle para emitir “contidos audiovisuais xerados en Galicia, erixíndose como o escaparate do audiovisual galego no exterior.” O anuncio fíxoo Manuel José Fernández, director xeral na materia, no transcurso do Foro da Academia Aberta.

Olla a canle

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Manuel José Fernández, Tecnoloxía, Comunicación Audiovisual