Queda deserto o quinto premio de novela Rubia Barcia en galego

Panorama escaso

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O xurado estimou que ningunha das catro novelas en galego presentadas ao concurso da institución ferrolá era merecedora do galardón desta quinta edición do certame de novela Liceo Rubia Barcia. O voceiro do xurado, Luis Alonso Girgado, defendeu a decisión de deixar deserto o premio porque ningunha das obras contribuía "a mellorar o panorama da nosa narrativa". Na convocatoria en castelán foi a obra "El negro del reloj de oro" do madrileño Mariano Clemente a recoñecida unanimemente polo xurado como gañadora dos 2.000 euros do premio. A organización quere agora conseguir a publicación por parte dalgunha editorial.

Máis información no Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Narrativa

Claves

Conceptos
Lugares