Novembro é, desde hai máis dunha década, o mes do cine en Galicia. Porque as dúas grandes citas do audiovisual: Cineuropa en Santiago e o Festival de Cine de Ourense tiñan lugar neste mes. Os directores de ambos certames coinciden en que esta situación é unha aberración e, mentres se despexa o interrogante sobre a necesidade de crear un único festival de referencia en Galicia, o responsable do de Ourense comprométese a que “non volva suceder”.
Hoxe, martes 6 de novembro, o Teatro Principal, o Centro Galego de Arte Contemporáneo e a aula socio-cultural de Caixa Galicia inauguran a vixésimo primeira edición do Festival Cineuropa. Unha mostra de cine que dirixe desde a súa creación Jose LuÃs Losa e onde o público é quen decide a gañadora das seccións oficiais. Unha fórmula arriscada pero tamén moi orixinal que, segundo Losa “chama a atención de directores doutros festivais” e que só se repite nun certame que hai en Londres. En todo caso, Cineuropa leva máis de vinte anos en marcha, conta cun público fiel e destaca polas súas longas colas diante do despacho de billetes nunha época na que as cifras de asistencia ao cine atravesan horas baixas. Cineuropa chega a esta edición do 2007 moi reforzado, polo éxito de público de edicións anteriores, porque programan nesta ocasión 115 tÃtulos dos que setenta son estreas e porque conta co apoio decidido do concello e o consorcio de Santiago (organizadores) e da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. De feito, Manuel José Fernández, o director do festival, apuntaba que “é o festival que máis puntuación recibe na programación do panorama competitivo do circuÃto de festivais de Galicia” (malia que este ano lle recortaron a axuda económica). Unha situación ben diferente á que chega o Festival de Cine de Ourense quen esta undécima edición perde a etiqueta de independente e que estrea a un director-xerente, Enrique Nicanor, que este ano asume a transición procurando definir o camiño a seguir no futuro. Entre as principais novidades que asume a dÃa de hoxe é que o festival non coincidirá co de Santiago e buscará unha data alternativa, aÃnda que non poida precisar cando.
Buscando un festival
Tanto o festival de Ourense como o de Santiago son os principais eventos cinematográficos de Galicia e, malia a súa traxectoria, ningún deles está situado no mapa de festivais do panorama estatal. No ano 2006, dentro do programa de actividades paralelo, Ourense participou na creación dunha rede coordinadora de festivais de cine, unha entidade que xurdeu coa vocación de definir que é un festival de cine e que o diferencia dunha mostra, xornada ou encontro audiovisual. “Aquela entidade, asegura Enrique Nicanor, non estaba recoñecida pola Unión Europea e polo tanto, non ten ningunha validez”. E por aà pasan os pasos hoxe, por crear un festival que teña entidade suficiente para que sexa recoñecido en ámbito estatal e internacional.
Ningunha das dúas citas que hai en Galicia está na rede oficial de festivais. Por ese motivo, os directores de ambos certames amosan boa disposición para que o seu sexa o elexido, pero teñen claro quen ten que tomar a decisión. Para Enrique Nicanor debe de ser unha autoridade administrativa, algo semellante ao que asegura Jose Luis Losa, que di que será unha decisión polÃtica.
Outra cousa na que os dous directores coinciden é que cómpre financiamento económico, á marxe das axudas públicas, que lle dea un respaldo ao certame. Por poñer un exemplo, o Festival de Ourense conta cun orzamento de 400.000 euros que están moi lonxe dos doce millóns de euros que ten o de Roma (de recente creación), dez e medio da Berlinale ou os vinte de Cannes. Ademais, asegura Enrique Nicanor, “cando os cartos chegan soamente das arcas públicas hai moito que desconfiar”. Polo demais, Jose LuÃs Losa destaca como positiva as axudas especÃficas ao desenvolvemento e organización de festivais que organizou a Xunta de Galicia por primeira vez no 2006 pola súa “transparencia” (era a primeira vez que eran competitivas e as partidas eran públicas) pero destaca que “se se quere facer que en Galicia haxa un festival de cine que estea no mapa o posicionamento ten que ser outro”.
De momento, non hai posturas claras sobre cal dos dous será o gran festival, no caso de que ao final se opte cara ese modelo. Soamente incluÃr as declaracións de José Villanueva, director do Consorcio de Santiago (entidade colaboradora en Cineuropa) que na rolda de presentación do evento asegurou que hai un horizonte que apunta cara 2010, que será Ano Xacobeo no que “o festival acade máis repercusión”.
O cineuropa participativo
Cineuropa segue a ser fiel á fórmula que o respalda desde que comezou a andar hai máis de vinte anos. Unha sección oficial a competición, onde o público elixe o gañador cos seus votos, xunto con diferentes seccións paralelas que pretenden achegar durante un mes o máis representativo do presente cinematográfico que, por problemas de distribución, non acostuma a chegar ao público. Na edición deste ano poderanse ver pelÃculas que foron premiadas na Berlinales como “A voda de Tuya”, “O outro”, ou “I´m a cyborg, but that´s ok”; en Cannes con “4 meses, 3 semanas, 2 dÃas”; en Venecia como “Redacted” ou “A zona”; en Lugano como “O paraÃso de Hafner; en Sitges como “The Falls” ou na Seminci, con “14 quilometros” ou “Os falsificadores”. Entre as novidades destaca a creación do ciclo “Norteamérica: Cinema e poder” no que, segundo Losa, darán cabida “aquelas produccións do off Hollywood que fan unha crÃtica descarnada sobre a situación de Irak como son “No val de Elah”, “Redacted” (a última e censurada pelÃcula de Brian de Palma) ou “Buda estourou de vergoña”.
Ademais, este ano Cineuropa terá galas semanais nas que haberá presentacións oficiais e entrega de premios. Os directores Jose LuÃs GuerÃn e Vicente Aranda xunto coa actriz Jane Birkin son os galardoados nesta edición que acudirán a recoller o seu premio e dos que se poderán ver as súas últimas longametraxes.
Reinventar un festival
Haberá que agardar dez dÃas ata que comece o Festival de Cine de Ourense na que se estrea como director-xerente Enrique Nicanor e que ten como lema “reinventar un festival”. Porque, precisamente, iso é o que se pretende nesta ocasión, buscar unha fórmula para relanzar este proxecto onde o cine galego teña moita importancia. De momento, a duodécima edición seguirá mantendo a estructura do festival e Enrique Nicanor (nomeado no mes de agosto) explica que é porque “habÃa un compromiso previo de manter o festival para esas datas porque a convocatoria estaba feita e habÃa que sacalo”. Por iso, a solución pola que se optou foi pola continuidade nas seccións a competición (longametraxes, curtametraxes e documentais) e manter todos os ciclos paralelos. Creáronse, a maiores, seccións como “AnimadÃsima” destinada a animación para adultos; ampliouse a programación para Galicia para recoller a produción galega e hai outra sección feita que é a sección “Perlas” na que hai cinco tÃtulos de obrigada visión.
Na sección oficial hai producións galegas en todas as categorÃas: “O menor dos males” que, ademais de abrir o festival o vindeiro dÃa 17, competirá pola Calpurnia á mellor longametraxe; “A casa de Lola de Andrés” e “Barreiros, motor humano” figuran na categorÃa de documental e sete tÃtulos na de curtametraxe. Precisamente, Enrique Nicanor explica que non é algo casual xa que “naturalmente, temos un primeiro mandato que é desenvolver o cine galego, sexa bo, regular ou malo. O mandato para facer iso é darlle aos produtores galegos información, ferramentas e contactos. É dicir, darlle vÃas para que o cine galego prospere, pero non podemos esquecer que temos que mostrar que inserimos o cine galego dentro dun contexto de cine de calidade: Europa, América Latina e o mundo enteiro”.
Entre as seccións paralelas destaca o interese por recuperar o diálogo dentro da produción e, precisamente, Enrique Nicanor pon moito énfase neste aspecto, na necesidade contribuÃr, entre todos, a reinventar o festival.