Varias mostras que se poñen en marcha esta semana dan unha idea de como se pode promocionar a creación artÃstica a nivel local. A edición de postais feitas por artistas alaricanos, unha exposición de fotografÃas estenopeicas en Poio e unha mostra de manualidades e outra de pintura en MarÃn son citas rcomendables.
A arte polo correo
Cinco artistas de Allariz, apoiados polo café cultural Roi Xordo, veñen de pór en marcha un novidoso sistema para promocionar a obra dos creadores locais. Trátase da edición dunha serie de coleccións de postais realizadas por estes artistas. Na primeira destas coleccións colaboran os cinco promotores, Antonio Soria, Xaime Piñeiro, Xabier Varela, Arturo Andrade e Jorge Varela. As postais recollen unha ampla gama de estilos que van desde a abstracción pictórica á reproducción de esculturas, e venderase en librerÃa e puntos de información de Allariz e de toda a provincia, e permitirá dar a coñecer as actividades do local. A colaboración entre o café e os artistas implica que estes deixarán unha das súas obras no local de xeito permanente.
Estenopeica
Unha cámara estenopeica é simplemente unha caixa pechada á luz dentro da que está un papel ou pelÃcula fotográfica. A foto realÃzase destapando un orificio na parte frontal da caixa. Sen obxectivos, lentes nin flash. Unha técnica estremadamente sinxela que recupera o procedemento dos pioneiros da fotografÃa e da que podemos ver os resultados na mostra que se está a realizar na Casa Rosada de Poio. As fotografÃas expostas foron realizadas polos alumnos dun curso desta especialidade fotográfica impartido por Braulio Flórez. Segundo o profesor, esta técnica permite ós que a practican acadar un bo coñecemento da luz e da mecánica da fotografÃa. As tomas obtidas por este procedemento adoitan presentar curiosas perspectivas e xogos de luces que, dominando a técnica, permiten unha grande expresividade.