O Centro Cultural Caixanova en Vigo o Museo Manuel Torres de MarÃn e o Liceo de Ourense ofrecen cadansúa mostra de pintura nos máis variados estilos.
Caixanova
O Centro Cultural Caixanova de Vigo inaugura esta xoves unha mostra antolóxica do pintor compostelán Juan Luis López dentro da serie Grandes Artistas Galegos. López forma parte da mesma xeración pictórica que Castelao , Asorey e Bello Piñeiro. Ademais foi un dos catro galegos que acadou unha Primeira Medalla nunha exposición Nacional. A súa obra, fondamente arraigada en Galicia amosa influencias dos postimpresionistas franceses, aÃnda que nas súas últimas etapas artÃsticas foise liberando da cor. A exposición pode verse de seis da tarde a nove e media da noite durante a semana e de doce a dúas da mañá os sábados, estando aberta ata o dÃa seis de maio.
Eduardo Baamonde
No Museo Manuel Torres de MarÃn pode verse unha mostra de Eduardo Baamonde, artista lugués que amosa as súas obras realizadas en diferentes técnicas. AsÃ, os acrÃlicos, que o pintor califica coma "epicromÃas", amosan composicións de cor sobre estructuras xeométricas, mentres que en acuarela amósanse os bocetos e ensaios sobre a cor e a composición. Pola súa bnda, os traballos sobre linóleo e madeira amosan influencias do expresionismo alemán do século XX. A mostra pode verse de once a dúas e de seis a nove agás os luns, que pecha, e os domingos, que só permanecerá aberta pola mañá.
Pintoras
Cadros de nada menos que catorce pintoras ourensás están expostos no Liceo desta cidade en homenaxe a Pilar Soto, profesora de todas elas. Dous cadros de cada unha destas alumnas do obradoiro-escola de Pilar Soto están á vista do público e poden ser adquiridos polos visitantes. A técnica maioritaria é a espátula, con temas que van desde o bodegón á paisaxe ou á figura. A mostra estará aberta ata finais de mes.