Exposicións de novos artistas por toda a xeografía

De K O1 a Terra de Trives

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

K01 é o nome dun novo colectivo artístico que vén de presentar na Facultade de Belas Artes de Pontevedra a súa primeira exposición. Os seus seis compoñentes, que defenden a idea de manter un discurso detrás da arte, non renuncian ós seus estilos particulares pese a estar integrados no grupo. Preto de Pontevedra, en Marín, outra artista, a pintora María Jesús Vázquez Martínez presenta a súa obra. E nos centros comarcais de Terra de Trives e do Salnés pódense ver dúas exposicións fotográficas de Alberto López e Ana Fariña.

K 01

O grupo K 01, formado por Juan Ribas, Íñigo Legazpi, José Lestao, Arturo Reboiras, José Ángel Zabala e Fruela Alonso, inaugurou o pasado luns a súa primeira exposición na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Segundo os seus compoñentes, todos eles alumnos da facultade agás Reboiras, a razón para constituírse como grupo é acadar unha maior representación nas galerías de arte. Dentro do grupo cada un dos compoñentes mantén as súas propostas individuais, unidas pola intención común de "empregar a arte non só para impresionar a xente, senón padra demostrar que pode haber un discurso detrás". desde K 01 reclaman unha maior apertura das galerías de arte cara os novos artistas e que a arte deixe de ser un obxecto de comercio. A mostra pode visitarse no horario de apertura da facultade.




Mª Xesús Vázquez

A sala de arte do Ateneo Santa Cecilia de Marín acolle desde o venres unha mostra na que a pintora María Jesús Vázquez amosa a súa obra. A artista, licenciada en Belas Artes pola facultade de Pontevedra, presenta uns cadros nos que predomina a abstracción e amosa unha grande preocupación polo tratamento da cor. As obras poden verse ata o vindeiro luns.




Centros comarcais


O Centro Comarcal do Salnés acolle desde e ata o vindeiro oito de maio vintetrés mostras da obra pictórica de Ana Fariña, artista que emprega o óleo e o acrílico para plasmar paisaxes e tipos cotiás de Galicia. Máis cara o interior, o Centro Comarcal de Terra de Trives presenta desde mañá a exposición fotográfica de Alberto López "Rexurdir", que presenta por primeira vez trinta dos seus traballos. O tema da mostra é a cultura tradicional nas terras de Lugo, que o fotógrafo retratou durante un ano.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Outras colleitas

Outras colleitas

A galería SCQ presenta a produción máis recente do artista pontevedrés Jorge Barbi

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Xeografía, Belas Artes, Facultade de Belas Artes de Pontevedra...