De novos e de vellos; dende perfomances ata óleos; esculturas, pinturas... a arte é a protagonista indiscutible para esta fin de semana en numerosas cidades galegas. En Pontevedra, nove artistas exhiben na sala Teutco o estado da escultura e da pintura da zona. En Compostela, Antón Camiño comezou a súa primera parte un camiño virtual pola arte en "Procesalia 2001". E mentres na Coruña Roberto González expón parte da súa producción gráfica, en Ferrol Juan Manuel González ofrece na súa escultura arte e artesanía.
Pontevedra atópase coa arte
Xaquín Chaves, Ramón Deside, Santiago Montes, Francisco Pazos, Manuel Ruibal , Antón Sobral, Xurxo Vázquez, Pedro Solveira e Álex Vázquez son os nove artistas que, dende onte son os encargados de ofrecer o estado de saúde da pintura e da escultura da zona. Son os artistas pontevedreses máis importantes, e ademais de ser amigos, continúan promovendo o seu labor creativo. Esta iniciativa de xuntalos a todos e facer unha exposición, "Encontros coa nosa arte", parte da Delegación Provincial da Consellería de cultura. A mostra poderase ver na Sala Teucro ata o 7 de maio e plantéxase a posibilidade de facer unha segunda convocatoria.
Procesalia con Caamaño
Procesalia 2001 comezou onte na Igrexa da Universidade de Compostela con "23" , unha videoinstalación de Antón Caamaño. Unha aposta do autor muradán coa que pretende achegarse ó mundo da pesca a través de soportes como a videoinstalación e a intervención espacial. Con 23 dase inicio a esta singular "procesión artística" que durará ata decembro deste ano con múltiples performances.
Da linotipia á escultura
A coruñesa Galería Pardo Bazán acolle estes días unha escolma do artista monfortino Roberto González. Unha exposición que fai un percorrido pola súa pintura e escultura, recollendo traballos realizados con diferentes técnicas.
E por outra banda en Ferrol, o pontevedrés Juan Manuel González expón no Ateneo a súa obra escultórica. E faino co orgullo de ser o último gañador do certame de escultura Eidos que organiza o Ateneo Ferrolán en colaboración con La Caixa e a concellería de cultura ferrolana. Un galardón dotado con 150.000 pesetas.