As publicacións “Interzona”, “Argh!” e “Despregable” tiran novos números con colaboracións de BD galega

Colaboradores todos

23/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O terror e a fantasía son os eixos de “Interzona” a nova publicación que nace ao abeiro na Semana de Cine Fantástico e de Terror de Donostia. No seu primeiro número participa, coa historia “Moonriver runner” o ourensán David Rubín. Ao tempo, o fanzine “Argh!” chega aos nosos quioscos co seu terceiro número, onde podemos atopar unha historia de Brais Rodríguez. Finalmente, o colectivo arousán Embaixada Prusiana acaba de presentar o decimoquinto número do seu fanzine “Despregable”, ao que Serxio Covelo achega unha historia de temática puxilística.

Máis información sobre Interzona no blog de David Rubín; web de Argh! e no blog de Serxio Covelo

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Brais Rodríguez, Cine, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares