O Coliseo de Noia albergará a III Mostra de Curtametraxes do 9 ó 11 deste mes

Curtas

Esta semana de novembro preséntase máis curta que nunca en Galicia. E todo isto débese ás múltiples curtametraxes que se están elaborando en disferentes puntos. En Noia este venres comezará a III Mostra de Curtametraxes que organizan conxuntamente dous colectivos e o concello; desde Ferrol chegan novas de que o director fénes Carlos Alberto ultima a súa segunda rodaxe cun equipo no que destaca Manuel Lourenzo; e a última referencia ó audiovisual é a que nos chega de Ourense, onde se presenta a curta de Manu Mayo mentres Assumpta Serna está na cidade das Burgas dando un curso.

En Coruña


A Mostra de Curtametraxes Vila de Noia preséntase máis concorrida que nunca. E é que esta terceira edición está composta por 17 filmes dos que 11 están en formato 35 milímetros e concorren ó concurso.
A mostra está organizada polo concello de Noia e polas asociacións Punto de Xiro e Bufarda Produccións.
A curta "Pollos" será a encargada de inaugurar a mostra este venres ás 22:30 á que lle seguerá "O meu nome, o meu mundo"; "Antonio, Jorge y Luis"; "Antonio, Jorge y Luis se casan"; "Frores"; "El show de Peter Keys"; "¿Quen é Joao?", "Non sei"; "Ribot" e "Eu me adapto".
A carteleira do sábado está composta por "Atrapada en un blues", "En malas compañías", "Dame otro final", "Pantalones" e "15 días". Pechan o programa o domingo "Inútil", "O momento oportuno", "Os almendros-praza nova" e "Os días do caos".
Este ano a organización do certame premiará o traballo de Luís Tosar e outorgará unha estatuíña en pedra (que representa unha lápida gremial co símbolo do cinema que realizou o noiés Vicente Picón). Co obxectivo de popularizar este fenómeno desde a organización se estableceron prezos especiais (abono de 1000 pesetas ou a 400 por xornada).

En Ferrol


O director fenés Alberto Alonso comeza o seu segundo proxecto cun traballo de execpción. Trátase de "As muxicas", unha curtametraxe que dirixe e guioniza eque produce o Grup Cinema Art (unha empresa pertencente ó Centro de Estudios Cinematográficos de Catalunya- CECC- no que estudia o director).
"As muxicas" é un drama rural de corte fantástico no que se advirte a influencia de autores que van de Edgar Allan Poe ata Álvaro Cunqueiro e no que se reivindica a escritores como Mia Couto. Esta reflexión entre a vida e a morte está protagonizada por Manuel Lourenzo e Feli Manzano que representan a unha parella de vellos. Un equipo de excepción, para unha rodaxe que comezará o vindeiro 19 de novembro no Concello de Monfero.

En Ourense

O Festival de cine de Ourense chega ó seu ecuador. E a estas alturas comeza o curso de interpretación que imparten Assumpta Serna e Scott Cleverdon e que se chama "Seminario de interpretación diante da cámara". Un evento que se organiza dentro do programa "Cero en conducta" do CGAI e que foi un éxito de participación. E se falamos da sección de curtametraxes do festival temos que apuntar á estrea que se fai hoxe. Trátase da curtametraxe de Manu Mayo que se titula "Toda-clase-de pieles" que cota cua prsenacia de Federico Luppi. Un proxecto que se gravou en Ourense e qeu contou coa colaboración dos entomólogos ourensáns.