Jorge Coira e Carlos Alberto Alonso serán homenaxeados nas mostras de curtametraxes de Noia e Ferrol

Curta a curta

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Noia e Ferrol son as novas citas do audiovisual para os vindeiros días. E a primeira comeza mañá na quinta edición da Mostra de Curtametraxes Vila de Noia. Durante tres días proxectaranse 25 curtametraxes e homenaxearán a Jorge Coira, quen presentará un adianto da súa primeira longametraxe, "O ano da carracha". E os vindeiros 29 e 30 de desenvólvense as xornadas de curtametraxes que desde hai tres anos organiza o Ateneo Ferrolán. E entre o programa figura unha retrospectiva ao fenés Carlos Alberto Alonso, do que se exhibirán as súas curtas "Perla", "The end." e "As muxicas".

Consulta máis información en El Correo Gallego e a fichas de Jorge Coira e Carlos Alberto Alonso

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jorge Coira, Noia, AVG, Culturagalega...