O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo volverá a acoller desde o 28 de outubro e ata o 24 de novembro a segunda edición de "Cinema Mulleres", iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e o Consulado da Arxentina para reivindicar e visibilizar o papel da muller na produción audiovisual nos dous lados do Atlántico. Este segundo ciclo de cinema feminista volve aÃnda con máis forza, xa que aumenta os dÃas de proxeccións que, amais, dan o salto cruzando o charco ata Arxentina, para chegar ao Centro Cultural 25 de Mayo en Bos Aires. Cinema Mulleres ofrecerá este ano a proxección de ata sete curtas e longametraxes asinados por mulleres galegas e arxentinas, que serán abertas ao público. Son a longametraxe galega "Onde máis doe" e a curta arxentina "La cuarta ola", que se proxectarán no MARCO o 8 de novembro; a longametraxe arxentina "Las motitos" e a curta galega ""Benvidas ao club" o 17 de novembro; e finalizará en Arxentina o 24 de novembro no Centro Cultural 25 de Mayo de Bos Aires coa proxección das curtas galegas "Feminazi" e "As mulleres salvaxes", e da longametraxe, tamén galega, "A poeta analfabeta".