Santiago acolle a “I Semana de Mar” para analizar a cultura marítima desde diferentes perspectivas

Un mar de cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Unha parte importante da economía do país xira arredor do mar. Por iso, a Fundación Sotelo Blanco, en colaboración coa Consellaría de Cultura, quere afondar no patrimonio inmaterial e material da cultura mariñeira organizando a “I Semana do Mar”. Conferencias, proxeccións e mesas redondas servirán para contemplar o elemento patrimonial do mar desde moitos puntos de vista. As xornadas terán lugar do 22 ao 28 de outubro na sede da Fundación Sotelo Blanco en Santiago.

Máis información no web de Culturamaritima.org e o programa en Vieiros

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Sotelo Blanco, Economía, Cultura Marítima e Fluvial