Os coruñeses Carlos Childe Troupe editan co selo PAI o seu primeiro disco “Cooking Melodies”, gravado no estudio Casa de Tolos coa produción artÃstica de Segundo GrandÃo. A discográfica abre con este disco, e máis coa reedición de “15 years old blues” de Miki Nervio & The Bluesmakers, o seu apartado de Blues & Jazz, que levaban tempo desexando ter. A formación encabezada por Childe e na que tamén están Santi Roma, VÃctor Sánchez e os irmáns Juan e LuÃs Tinajero presentan neste menú una ducia de temas de blues e swing nos que a desgarrada voz de Childe entra nos estándares destes xéneros con versións de clásicos como “God bless the child” ou “Summertime blues” entre outros. Tamén colaboran neste disco os metais dos Mañufe Horns (Pablo Casal, Jose Pérez e David Fernández “Michi”) e os teclados de Mr.D de Moon Cresta. “Cooking Melodies” presentarase o sabado dÃa 27 de Outubro ás 19:30 horas na Fnac de A Coruña.