A OSG ofrecerá clases maxistrais na maior favela de São Paulo na primeira viaxe a Sudamérica

O xiro da Sinfónica

26/9/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
33 lecturas | Compartido 0 veces
Partituras de Brahms, Manuel de Falla, Andrés Gaos, Bernstein, Rimski-Korsakov e Stravinsky máis 55 caixas especiais con instrumentos que pesan un total de 6.000 quilos. Isto é o que levarán na maleta a comitiva da Orquestra Sinfónica de Galicia na súa primeira viaxe a Sudamérica. Unha incursión que os levará 14 días por catro países e ofrecerá oito concertos sinfónicos. A viaxe inclúe tamén unha visita a Heliópolis, unha das maiores favelas de São Paulo, no que os mestres da OSG ofrecerán unhas clases maxistrais a estudantes do Instituto Baccarelli, que instrúe a mozos sen recursos económicos.

Máis información no web da Orquestra Sinfónica de Galicia


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OSG, Sudamérica, Orquestra Sinfónica de Galicia, Manuel de Falla

Claves

Entidades
Lugares