A Coruña, Pontevedra e Narón acollen senllas exposición fotográficas

De foto

A fotografía é a protagonista en Galicia estes días. En primeiro lugar, na Coruña a BBC e o Museo Nacional de Londres expoñen 86 instanténas sobre a a natureza do 2000. En Pontevedra, o fotógrafo estradense Matalobos exhibe as súas creacións infográficas na sala Teucro de Pontevedra. E para rematar, Narón acolle unh ducia de imaxes do mundo dos cabalos, o último traballo do fotógrafo de Luis Botana.

Foto ó natural





Un total de 86 instantáneas, o mellor do certame "BG Wildlife Photographer of the Year 2000", colgan estes días nas paredes de tres coñecidos edificios coruñeses. A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae acollen cada unha das tres partes nas que se dividiu o o certame. Na Casa das Ciencias Eric Hosking amosa as fotografías galardoadas dentro do apartado forógrafos de menos de 26 anos, e premio o fotógrafo do ano. Xunto a estas aparecen as composicións "En alabanza a las plantas", "Vida salvaje urbana" e "Lugares Salvajes". A Domus acolle a fotografía máis importante, a do ingles Manoj Shah e que se sitúa na serie "El mundo en nuestras manos". No terceiro centro, no Aquarium exhíbese a gañador do premio Gerald Durrell adicado á naturaleza ameazada e as series "Mundo submarino" ou "Retratos animales".













Tecnoloxía de arte




Dende onte a sala Teuctro de Pontevedra acolle a exposición do infografista José Luís Andújar Matalobos. Unha mostra de 24 obra divididas en dúas series: "A perversión do espectáculo" e "Fábricas" que se centran na análise dos medis da comunicación e nunha serie figurativa que reflicte a desaparición do ser humano dentro da sociedade mercantilista. O que é o infografista de El Progreso incorpora o seu traballo os seus coñecementos en ilustración, cartelismo e fotografía dándolles un toque lirista.













De cabalos



Unha ducia de imaxes de cabalos de Moeche e de Santiago conforman a nova exposición fotográfica de Luis Botana. Unha mostra que dende hoxe e ata o vindeiro 31 de marzo se pode contemplar na cervexería "Cardebelle" de Narón. Botana conta cun amplo curriculum así como unha numerosa mostra gráfica composta por instantáneas en diferentes partes do mundo.