Tres anos despois do seu anterior disco “Bumerán, Bumerán” o santiagués Marco Maril volveu pasar polos estudos Abrigueiro de Arturo Vaquero en Friol para gravar “Un rayo de sol”, editado por Jabalina Música. Das dez cancións deste novo traballo de Apenino nove delas son propias e hai unha versión de The Field mice. A súa música ofrece un pop de corte electro-acústico sobre unha base electrónica, que culmina un amplo espectro de arranxos que van desde o máis modesto ruÃdo, á orquestración máis rotunda. Marco A. Maril creou Apenino despois de desfacer o grupo Dar Ful Ful que compartÃa con Xabi Font, tamén formou parte do grupo Hemisferio Izquierdo e Fulsomes, asà como creou tamén o alter-ego El Oso Goloso para outras aventuras musicais paralelas a Apenino.
Máis información en Jabalina Música