Empresarios e concellos da área compostelana crean unha Plataforma en Defensa da Cidade da Cultura

A contra da contra

Son catro asociacións de empresarios: a Cámara de Comercio, a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, a Asociación de Hostelería e a Agrupación de Comerciantes (ACOTES) e acaban de constituír a Plataforma en Defensa da Cidade da Cultura co obxectivo de promover “este proxecto vital para Santiago e toda Galicia”. A Plataforma quere conseguir a adhesión de asociacións, colexios profesionais e a Universidade de Santiago, así como o apoio dos concellos da Mancomunidade compostelana. Entre os seus obxectivos está que se fixen os prazos para rematar a obra, acelerar os tempos de finalización das obras pendentes e os contidos dos edificios. Por outra banda, os tres grupos políticos con representación parlamentaria viron onte posible a creación da Comisión sobre a Cidade da Cultura, pero aínda discrepan sobre a súa denominación, os prazos de investigación e os convidados a declarar.

Máis información sobre a Plataforma en El Correo Gallego; sobre a comisión en La Voz de Galicia