Fronteiras’07 indaga nos límites entre disciplinas artísticas e xeográficas

Arte a raia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Serán dúas residencias artísticas de dez días de duración, celebrándose ao mesmo tempo na Illa de San Simón e en Nodar, unha pequena aldea rural do centro de Portugal, entre o 16 e o 27 de setembro. A idea é desenvolver proxectos artísticos durante ese tempo, “en articulación cos investigadores sociais, que durante o mesmo período levarán a cabo un observatorio crítico”, explorando a transdisciplinariedade na arte. A acción estará complementada con conferencias e exposicións nas localidades que acollen as residencias e cunha mostra colectiva dos traballos realizados. Fronteiras’07 está coorganizada polos colectivos artísticos alg-a.org (Galicia) e binaural.org (Portugal).

Máis información en Fronteiras’07

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Exposicións, Illa de San Simón