Remata Viñetas desde o Atlántico con grande éxito e algunha novidade

Balances e cadriños

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Setenta mil visitantes e a consolidación da cita na axenda estival galega son as principais conclusións coas que a organización de Viñetas desde o Atlántico fecha a décima edición do festival de BD. Canda ás visitas, e ademais das presentacións xa programadas, o evento deu aínda algunha novidade polo ámbito dos fanzines. Por exemplo a presenza dos vigueses de Fuck Cómics no posto para as publicacións afeccionadas, que compartiron cos membros de “Lunático”, publicación madrileña con colaboracións galegas. Pola súa banda, Carlos Arrojo presentou “Cabeza alucinada” e os membros de Polaqia lanzáronse á aventura e desenvolveron no propio stand “*!*” unha publicación improvisada que tivo unha microtiraxe de 39 exemplares. Canda a isto, as diferentes festas e encontros de profesionais e afeccionados marcaron un ano máis o evento.

Máis información en Xeracion.com, en El Correo Gallego e nos nosos arquivos; imaxes da festa polaqa

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Polaqia, Google...