O colectivo Polaqia abre as actividades do centro comercial FNAC sobre BD

A FNAC polaqa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Aínda abriu hai nada, pero o centro comercial FNAC da Coruña, especializado en electrónica e produtos culturais, xa comeza a lle prestar atención á nosa BD. O vindeiro 5 de xullo o colectivo Polaqia abre lume presentando ás oito e media da tarde o seu traballo. Unha charla a cargo de Kike Benlloch, Emma Ríos e David Rubín dará a coñecer os intersticios deste grupo de autores. Antes ca eles, Miguelanxo Prado estará no mesmo espazo o día 27 ás oito da tarde, pero será para presentar o seu filme "De Profundis".

Máis información no web do FNAC e nos nosos arquivos sobre Polaqia; sobre o FNAC

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con FNAC, Polaqia, Culturagalega, Miguelanxo Prado...