Reivindican en Madrid a recuperación da Lagoa de Antela

Catro propostas para a seca

En 1958 comezaron os traballos de desecación e de canalización da lagoa de Antela. Dende entón secaron máis de 4.000 hectáreas de humedais repercutindo na flora, na fauna e no entorno paisaxístico. Neste contexto o Colectivo para a defensa da Limia propuxo catro medidas para a recuperación paisaxística do contorno.

Colectivo para a defensa de A Limia




O Colectivo para a defensa de A Limia naceu para recuperar o espacio natural destas terras. Nesta dirección organizou un acto no Círculo de Belas Artes de Madrid, no que xuntou a ecoloxistas, literatos e políticos que pretenden conxugar tarefas agrícolas e extración de area na comarca ó mesmo tempo que se recuperan os humedais próximos á ponte de Liñares.











Propostas



As reivindicacións para a recuperación do entorno natural da Lagoa de Antela, aséntanse en catro piares clave. Por unha banda determinar que a extracción de area, unha das fonte de desenvolvemento da comarca, é compatible cos humedais. En segundo lugar, pretenden recuperar espacios maltratados ó conseguir recuperar algúns humedais. Ademais, pretenden empregar a lagoa ó convertila en espacios públicos. Por último, propoñen recuperar terras non empregadas, recuperándoas como hábitat ecolóxico. Deste xeito os once concellos que están involucrados creen que se poderá conseguir unha rexeneración medioambiental, xa que a recuperación completa é imposible.