Posto en marcha un proxecto para a recuperación da lagoa de Antela

Gando, rás e peces no seu entorno

A Unesco, a Deputación de Ourense e os alcaldes da comarca traballan xuntos nun proxecto común: a recuperación dos humedais da Lagoa de Antela. Así o acordaron nunha reunión celebrada onte en Ourense no que estableceron o proxecto e os programas de actuación. O seu cometido é recuperar, non só o hábitat medioambiental, senón tamén na economía tradicional e os recursos histórico-culturais.


Obxectivos

Con esta reunión as diferentes partes integrantes do proxecto definiron os obxectivos. Unhas metas que se poden agrupar en cinco puntos: a creación dunha denominación de orixe de calidade, recuperar a vexetación da ribeira e do bosque autóctono, en terceiro lugar promover a caza, a gandeiría, a piscicultura e a silvicultura; en cuarto lugar, conservar especies de fauna e flora ameazados e por último a recuperación de graveras.












Fases do proxecto


En virtude da reunión celebrada onte, as tres bandas implicadas no proxecto estableceron os plazos de actuación da recuperación.
A primeira fase afecta á recuperación dos bosques autóctonos, da vexetación das ribeiras e da praderías das veigas.
A segunda fase pretende protexer especies avícolas así como a promoción da actividade cinexética (coa explotación turística das zonas especificamente preparadas para iso).
Ademais nese proxecto tamén se inclúe a realización de cursos de formación e divulgación medioambiental na promoción de recursos históricos e culturais da comarca.