Catorce entidades do ensino reivindican que o decreto do uso do galego sexa “plenamente aplicado" no próximo curso escolar

En favor do decreto

Organización estudiantís, sindicais e de pais de alumnos demandan que o decreto de promoción do galego no ensino, demandou hoxe, nun manifesto suscrito en Santiago, que “o novo decreto de uso e promoción do galego no ensino sexa cumprido plenamente no curso 2007/2008” e que a Administración provea de dotación e formación de profesorado e persoal administrativo aos colexios para poder afrontar este decreto. Entre as entidades subscribintes, que abrirán agora un prazo para recabar apoios públicos, atópanse a Mesa pola Normalización Lingüística, os principais sindicatos, a confederación de asocicacións de pais e nais de escolas públicas ou a Federación de escolas católicas concertadas.


Máis información en Vieiros