Aparece unha pequena colonia estable de voitres leonados na Costa da Morte

Os novos habitantes da Costa

20/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
13 lecturas | Compartido 0 veces
Alomenos tres voitres leonados parecen formar a primeira colonia estable desta especie na Costa da Morte, e a máis occidental que se ten localizado ata o momento dentro da Península Ibérica. Así o asegura o grupo ecoloxista PX de Ponte do Porto-Camariñas, que sinala que o grupo de paxaros debe vivir entre os lugares de Castrelo e Pedreiro, no Concello de Vimianzo, “nunha zona de abundante caza e sen colonias doutras especiaes coma o lobo”. Aínda que o comportamento habitual da especie é residir en lugares despoboados e de difícil acceso e materiais calizos, todo indica que os hábitos dalgúns individuos están a cambiar e se estean asentando noutras zonas.

Máis información en La Opinión


Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
4 lugares identificados