Musicoloxía e jazz son as novas especialidades que se poden estudar nos conservatorios superiores de Galicia

Entre a musicoloxía e o jazz

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A piques de iniciarse o novo curso escolar, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria anuncia as novas especialidades musicais que se poderán estudar este ano. O Conservatorio Superior de Vigo impartira a especialidade de musicoloxía, mentres que o da Coruña ofrecerá a de jazz. A disciplina viguesa non existía en Galicia, aínda que tamén se pode impartir nas universidades dentro das seccións de Historia da Arte, mentres que o conservatorio da Coruña impartía desde hai anos a materia de jazz, aínda que agora será unha especialidade que poderán cursar un máximo de 31 alumnos.

Mais información en La Opinión e no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Historia da Arte, Educación, La Opinión...