Foto Silva, o fotógrafo dos artistas e un artista entre os fotógrafos. É o eslógan co que José Maria Silva (A Estrada, 1897- Montevideo 2000) se iniciou no mundo da imaxe en Montevideo. Foi alí onde coñeceu a Carlos Gardel e lle fixo as fotos máis famosas e publicadas do artista uruguaio. Á súa morte, o estradense deixou un arquivo de 30.000 negativos que o realizador ourensá Ismael González, nunha aproximación á figura do retratista, pretende empregar para impulsar un museo na súa localidade natal para preservar a súa memoria.
Máis información en El Correo Gallego