O Consello da Cultura Galega sinala a necesidade dun organismo único de coordinación das medidas contra os incendios

Como auga de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Coordinar a través dun organismo único as decisións e accións das diferentes entidades implicadas no monte e na extinción dos incendios foi unha das principais conclusións dos expertos reunidos polo CCG para debater sobre o problema do lume en Galicia, presentado hoxe. O Vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros, foi optimista con respecto á campaña deste ano: “aínda que mellore o tempo, os elevados niveis de auga no solo garanten un risco de incendios moi baixo ata finais de mes". Os expertos insistiron en que o problema dos incendios ten carácter estrutural e salientaron a necesidade de transformar a estrutura parcelaria e económica do monte galego para facilitar a súa xestión –agora abandonada.

Consulta o informe no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros

Claves

Protagonistas